lunes, 9 de julio de 2012
A mazá que non quería rir
domingo, 10 de junio de 2012
Premios Antón Losada
O día 9 de maio participamos na entrega dos Premios Antón Losada que este ano recaeron en dous escritores de recoñecido prestixio: Agustín Fdez Paz pola obra "Non hai noite tan longa" e Xesús Alonso Montero pola biografía de "Aníbal Otero"
O alumnado do noso centro fixo entrega dun libro/caderno á filla de Antón Losada que elaboramos cos mellores traballos realizados por eles ao longo do terceiro trimestre, dentro do proxecto documental sobre a vida e obra de Antón Losada Diéguez, que
coordinou o equipo de biblioteca e o EDL do colexio.
coordinou o equipo de biblioteca e o EDL do colexio.
No acto, ademais dos premiados, estiveron presentes os Alcaldes de Boborás e o Carballiño, acompañados dos Concelleiros de Cultura. Asemade, presidiu a entrega de premios o Conselleiro de Educación e Cultura da Xunta de Galiza.
Foi un acto moi importante para nós, xa que non hai nada máis confortable que dous ilustres escritores, e o mesmo Conselleiro de educación, te feliciten polo traballo realizado.
Desde aquí, queremos dar os nosos parabéns aos escritores premiados, sen esquecernos dos organizadores do evento, especialmente da Tenente Alcalde, pola súa implicación neste acto en prol da cultura galega.
Etiquetas:
Actividades,
Concello,
Galego,
Premios
jueves, 31 de mayo de 2012
Roteiro cultural a Moldes
O xoves, 30 de maio, realizamos un roteiro cultural ata o pobo de Moldes para visitar o Pazo onde naceu e vivíu Antón Losada Diéguez e o Pazo Tizón.
No pazo Tizón visitamos a súa bodega e recibimos información, por parte do etnólogo da bodega, do proceso que seguen para elaborar os dous viños que teñen: o branco Extramundi e o tinto Pazo Tizón.
Tamén visitamos a capela onde está enterrado Antón Losada e vimos o patio interior do Pazo.
Para rematar, xantamos no área recreativa de Moldes, onde disfrutamos das súas estupendas instalacións.
martes, 15 de mayo de 2012
Educación Vial
Durante o mes de maio a Asamblea Comarcal "O Carballiño" da Cruz Vermella Española realizou cinco sesións informativas dirixidas a todo o alumnado do centro sobre diversos aspectos da educación vial e coa pretensión de que conciencialos de que hai unha serie de normas establecidas que debemos cumplir. Aprendimos as novas normas que xa levan varios anos en vigor, pero que moitos de nós (incluídos os mestres) descoñeciamos e polo tanto non puñamos en práctica.
Vídeo das sesións
sábado, 12 de mayo de 2012
O sabor da aventura está no mar
Nos meses de abril e maio participamos nesta campaña da Consellería de Pesca.
Contacontos da Sabela
O 9 de maio participamos activamente no fantástico contacontos da Sabela
viernes, 11 de mayo de 2012
Lúa de Aline Franzao
Actuación de Aline Franzao na biblioteca do cole:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)