jueves, 31 de mayo de 2012

Roteiro cultural a Moldes

O xoves, 30 de maio, realizamos un roteiro cultural ata o pobo de Moldes para visitar o Pazo onde naceu e vivíu Antón Losada Diéguez e o Pazo Tizón.
No pazo Tizón visitamos a súa bodega e recibimos información, por parte do etnólogo da bodega, do proceso que seguen para elaborar os dous viños que teñen: o branco Extramundi e o tinto Pazo Tizón.
Tamén visitamos a capela onde está enterrado Antón Losada e vimos o patio interior do Pazo.
Para rematar, xantamos no área recreativa de Moldes, onde disfrutamos das súas estupendas instalacións.

martes, 15 de mayo de 2012

Educación Vial

Durante o mes de maio a Asamblea Comarcal "O Carballiño" da Cruz Vermella Española realizou cinco sesións informativas dirixidas a todo o alumnado do centro sobre diversos aspectos da educación vial e coa pretensión de que conciencialos de que hai unha serie de normas establecidas que debemos cumplir. Aprendimos as novas normas que xa levan varios anos en vigor, pero que moitos de nós (incluídos os mestres) descoñeciamos e polo tanto non puñamos en práctica.


Vídeo das sesións



sábado, 12 de mayo de 2012

viernes, 11 de mayo de 2012